Logo Calsomatu
Icono Calsomatu 20 Aniversario (1993-2013)

Presentación

Fundada no ano 1993 aglutinando experiencias empresariais nos sectores metalúrxico, naval, industrial e eléctrico. Abrangue a fabricación, montaxe, reparación e mantemento.

Dende a fundación e ata hoxe a nosa filosofía baseada no servizo, susténtase na rapidez de resposta trato personalizado e calidade de traballo. Avalado todo iso por un equipo humano cuxa formación, capacidade profesional e espíritu de equipo permite adaptarnos ás necesidades dos nosos clientes, sendo este o noso maior capital e garantía de éxito. Na actualidade somos unha marca rexistrada da CEE.

Entre os xa máis de 1000 clientes podemos destacar a:
Navantia, Imegasa, Forestal do Atlántico, Arsenais militares, Repsol, Urbaser, Emmsa, Monesa, administración local, etc.

Situados no Parque empresarial de Vilar do Colo, Concello de Cabanas (A Coruña) é un enclave estratéxico con enlace á auto-estrada do Atlántico AP-9 a quince minutos da A-6 (Madrid-Coruña) e cos aeroportos da Coruña e Santiago a 40 e 80 km respectivamente e a 18 km do porto comercial de Ferrol.

Ocupamos unha parcela de 2700 m2 sede social da empresa con oficinas e modernos talleres, axeitados aos estándares máis esixentes da actividade industrial.


As instalacións contan:

  • Capacidade de almacenamento exterior de 1000 m2.
  • Capacidade eléctrica instalada de 277 kw.
  • Capacidade en elevación de 25 ton repartida en tres pontes guindastre de altura libre 9 mts (11totais).
  • Formación de bancada con IPN de 120 para soldadura-encamado- armamento de 480 m2.
  • Gases canalizados en toda a superficie.
  • Moderna cabina de amolado para preparación e repasado de materiais.
  • Curvado para tubaxe de ata 6" mediante dúas máquinas con toda a gama de accesorios que van desde 1/2" ás 6".
  • Corte de serra de cinta mediante dúas máquinas ata 18" para tubaxe e 610 mm para perfil, ambas de proceso semiautomático.
  • Cabinas móbiles de soldaduras mig-mag-tig de ata 500 amp/unidade.
  • Soldeo oxiacetilénico, mesas de elaborado e verificación de producto.
  • Almacenaxe tipo Piking sobre andel homologado cunha superficie de 240 m2.

Foto Instalaciones

R/ Mariñasol (B), esq. R/ Pipela (C), Parcela T -11 - Pol. Ind. Vilar do Colo - 15622 CABANAS - A Coruña - Tel.: + 34 981 470 211 - Fax: + 34 981 492 503 - info@calsomatu.com